12/10/2026
En resumo: cando inscribes un fillo ou filla no CAS, a familia tamén forma parte do equipo. Tes dereito a información e respecto. E comprométeste a respectar as normas e as decisións técnicas, a facer os pagamentos acordados e a apoiar sen presionar.
A quen afecta: nais, pais e titores de deportistas menores de idade
Onde está escrito: Regulamento de Réxime Interno (RRI), arts. 5.13, 7.2.e, 8 e 9; Código de Conduta, 3, 4.1 e 4.3
Lectura: 3 minutos
Ao inscribir un menor no CAS, comprométeste a respectar os Estatutos e o Regulamento, e a velar por que o teu fillo ou filla os respecte (RRI, art. 8).
O Código considera parte do club as familias rexistradas como socias. Pide que o coñezan, sobre todo quen representa deportistas menores (Código de Conduta, 3).
Mentres o teu fillo ou filla é menor, ti respondes dos seus deberes no club (RRI, 9.6).
No grupo de WhatsApp da escola, un pai quéixase de que o adestrador deixou a Sabela fóra do relevo do Campionato Galego. Lucía, a nai de Sabela, está molesta.
Que debería facer Lucía? Recomendámoslle non entrar no debate do grupo e falar co adestrador en privado para entender a decisión. Despois, toca respectala (RRI, 8.2.e).
O Regulamento aplícase a todos os membros do CAS (RRI, 9.1). Considera infracción incumprir os deberes das familias do artigo 8 (RRI, 9.2). Con todo, as faltas que enumera non mencionan as familias (RRI, art. 10).
O Código engade que incumprilo pode levar a medidas disciplinarias (Código de Conduta, 3).
Escribe á secretaría: cas.secretaria.club@gmail.com.
No CAS pedímosche que as cuestións menores as fales co adestrador, coa secretaría, co director deportivo (quen coordina a parte deportiva do club) ou cos directivos. A canle interna de información (Canle Responsable) é para o grave, para o que só podes contar de forma anónima e para calquera posible acoso.
Le tamén Deportistas do CAS: os teus dereitos e deberes, As normas do CAS en tres minutos e Se ves algo que non está ben.