Xa está aberta a inscrición para o noso Campus de Verán! Unha oportunidade perfecta
para gozar do deporte nunha contorna inmellorable.
? Localización e horarios
- Lugar: pavillón do IES Isaac Díaz Pardo (Sada).
- Horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 (agás festivos).
- Idades: nenos e nenas nados entre 2013 e 2019.
? Actividades
Xogos pre-deportivos, dinámicas de campamento, probas de atletismo, manualidades e,
por suposto, saídas á praia.
? Tarifas (por quincena)
- Socios do CAS: 95 €
- Non socios: 105 €
? Información importante
- Inscrición individual: se desexas anotar a varios fillos/as,
deberás realizar unha inscrición por cada neno/a.
- Reserva de praza: a praza só quedará oficialmente reservada unha
vez completado o pagamento a través da ligazón.
- Prazas limitadas: máximo de 30 prazas por quincena. Unha vez
esgotadas, a ligazón bloquéase automaticamente.
- Lista de agarda: se a quincena do teu interese está completa,
podes apuntarte á lista de agarda no 619 038 998.
?️ Datas e ligazóns de inscrición
? Tes dúbidas? Estamos á túa disposición para calquera consulta.