10/11/2025
O Club Atletismo Sada (CAS) emprende a súa carreira máis ambiciosa: conseguir o solo necesario para construír unha instalación deportiva que poida albergar unha pista de atletismo axeitada. Esta instalación é fundamental para atender as necesidades específicas dos nosos máis de catrocentos atletas e emendar o déficit de infraestruturas de atletismo en toda a área metropolitana da Coruña.
Dado que non hai parcelas municipais adecuadas, a opción pasa por adquirir un terreo privado. Para isto, o CAS iniciou unha campaña de mecenado (crowdfunding) que ten un obxectivo económico de 150.000 euros. Os terreos necesarios deben ter, como mínimo, 25.000 metros cadrados.
A instalación resultante sería unha pista ao aire libre de 400 metros con aspiración a incluír un módulo cuberto, bancadas e vestiarios. Esta pista está pensada para a práctica de atletismo federado, popular, de montaña e adaptado.
A campaña desenvólvese co apoio do Concello de Sada, a Xunta de Galicia e a Fundación Amare Terra, na súa plataforma de micromecenado deportivo, Terra Move.
A túa achega é unha inversión na comunidade, na saúde e no futuro do atletismo galego. Ademais, o mecenado conta con importantes vantaxes fiscais: grazas á Lei de Mecenado, podes deducir ata o 80 % da túa achega na próxima declaración da renda.
Esta campaña estenderase ata febreiro de 2026. Colabora co club con máis licenzas de Galicia e axúdanos a facer realidade a Pista do Futuro!